Bases Legais da Promoción “Sumamos Historias”
1.- EMPRESA ORGANIZADORA DA PROMOCIÓN
A empresa HIJOS DE RIVERA, S.A.U., con domicilio en Pg. Ind. La Grela, r/ José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña e número identificativo C.I.F. A15002637, organiza con fins promocionais o presente sorteo (en diante, “SUMAMOS HISTORIAS”), que se desenvolverá a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.
2.- DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN
A Promoción iniciarase o día 17 de xullo de 2025 e finalizará o prazo de inscrición o día 10 de agosto de 2025 ás 23:59 h.
3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN
Os requisitos de participación serán os seguintes: para optar ao premio, os participantes deberán rexistrarse na promoción a través da landing habilitada para tal efecto, completando os seus datos persoais (nome, apelidos, correo electrónico, código postal) e subindo un vídeo de máximo 90 segundos no que conten a súa historia como seareiros do Deportivo da Coruña.
Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.
Os datos persoais cos que os participantes enchan o formulario de inscrición deberán ser datos veraces.
Os participantes só poderán inscribirse unha vez na presente promoción.
4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS
Premio 1
Entre todos os participantes que cumpran os requisitos de participación e se rexistrasen correctamente na promoción, elixiranse 25 gañadores e 10 suplentes a través dun sorteo aleatorio realizado na plataforma EasyPromos.
Cada gañador obterá como premio unha camiseta oficial do Deportivo da Coruña, tempada 2025-2026.
O sorteo realizarase a través da plataforma EasyPromos, que garante a transparencia do resultado do sorteo e, como proba diso, emite un certificado de validez para cada un dos seus sorteos, cuxo resultado é inalterable polo organizador e que calquera usuario participante pode solicitar.
Premio 2
De entre todos os participantes que subisen o seu vídeo correctamente, seleccionaranse 5 historias gañadoras. A elección destas historias será realizada por un xurado elexido pola Organización de este concurso.
Cada un dos 5 gañadores recibirá como premio un abono de tempada válido durante a tempada 2025-2026.
5.- COMUNICACIÓN DO GANADOR
HIJOS DE RIVERA, S.A.U. comunicará o resultado do sorteo e a selección das historias gañadoras a partir do 12 de agosto de 2025. Realizarase un contacto directo cos gañadores vía correo electrónico para obter os datos necesarios para a entrega do premio.
Os gañadores disporán dun prazo máximo de 24 horas desde a notificación vía correo electrónico para manifestar se aceptan ou rexeitan o premio.
En caso de non obter resposta, non cumprir os requisitos de participación ou que o gañador rexeite expresamente o premio, este pasará aos suplentes por orde de selección.
O primeiro suplente disporá tamén de 24 horas desde a notificación para aceptar ou rexeitar expresamente o premio. De non cumprir os requisitos de participación, non responder no prazo establecido ou rexeitar expresamente o premio, este pasará ao seguinte suplente, que disporá do mesmo prazo.
Agotados todos os suplentes sen que se lle puidese asignar o premio a ningún, este considerarase deserto.
HIJOS DE RIVERA, S.A.U. non se fai responsable de non poder contactar co gañador e/ou suplentes e, por conseguinte, que non se lles poida outorgar o premio.
6.- LIMITACIÓNS
Se se evidenciase que calquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases ou os datos proporcionados non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos da Promoción, perdendo todo dereito sobre os premios.
Non poderán participar na Promoción:
• Os traballadores por conta allea empregados en calquera das sociedades e outras entidades con personalidade xurídica vinculadas a HIJOS DE RIVERA, S.A.U.
• As persoas físicas que participen directa ou indirectamente no capital de HIJOS DE RIVERA, S.A.U.
• Calquera outra persoa física que participase directa ou indirectamente na organización desta Promoción ou estivese involucrada na súa preparación ou desenvolvemento (axencias, provedores, etc.).
O premio entregado non será transferible nin susceptible de cambios, alteracións ou compensacións, non podendo ser trocado por outro produto nin polo seu importe en metálico.
O premio só poderá ser gozado por persoas maiores de idade.
HIJOS DE RIVERA, S.A.U. resérvase o dereito, se concorre causa xusta e previa comunicación en forma legal, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta Promoción.
Correrán a cargo do gañador todos os gastos derivados da promoción non expresamente asumidos pola empresa nas presentes Bases.
Establécese un prazo de QUINCE (15) días naturais desde a data da concesión do premio para efectuar calquera reclamación motivada.
En caso de necesidade, HIJOS DE RIVERA, S.A.U. poderá substituír o premio por outro de similares características.
7.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS
Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, ofensivo, inxurioso ou discriminatorio ou que poida vulnerar dereitos de terceiros.
Tampouco se permitirán comentarios contra particulares que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe.
Hijos de Rivera, S.A.U. non se responsabilizará dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción e que, en calquera momento, poidan ferir a sensibilidade doutros participantes.
8.- ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS DO SORTEO
A participación na promoción supón a aceptación plena e incondicional destas bases legais por parte de cada participante.
A Organización resérvase a posibilidade de cambio, modificación ou cancelación da presente promoción por causa xusta ou forza maior.
A Organización non será responsable se, por causas alleas ou de forza maior, a promoción non puidese levarse a cabo nalgún dos termos especificados, sen outra obrigación para os organizadores que a publicación da nova mecánica por medios similares aos empregados para a difusión inicial.
9.- RESPONSABILIDADES
A entidade organizadora, Hijos de Rivera, S.A.U., queda eximida de calquera tipo de responsabilidade:
• A partir do momento no que o gañador acepte o premio. O Organizador non será en ningún caso responsable dos incumprimentos ou infraccións de ningún tipo relacionados con esta promoción, e exímese de calquera responsabilidade no caso de perdas sufridas polos participantes en relación co premio ou con outros aspectos da promoción.
• O participante exime de responsabilidade e manterá indemne ao Organizador e aos seus colaboradores fronte a calquera reclamación como consecuencia dos danos e prexuízos, sexan físicos ou de calquera outra índole, que puidese sufrir o gañador por acción ou omisión non imputable a estes e que se deriven da actividade que desenvolva co premio concedido.
• No caso de que exista algún erro nos datos facilitados polo propio agraciado que impida a súa identificación.
• Igualmente, queda exonerado o Organizador de toda responsabilidade en caso de mal funcionamento da empresa de mensaxería utilizada (expresamente non se responsabiliza de posibles perdas, deterioros, roubos ou calquera outra circunstancia imputable á empresa de mensaxería que poida afectar ao envío do premio) ou das redes de comunicación telefónicas e/ou electrónicas que impidan o correcto desenvolvemento da promoción por causas alleas e, especialmente, por actos externos de mala fe.
• Por danos e prexuízos de calquera natureza que poidan deberse á falta temporal de dispoñibilidade ou continuidade dos servizos mediante os que se participa, á defraudación da utilidade que os usuarios puidesen atribuírlles e, en particular (aínda que non exclusivamente), aos fallos no acceso ás distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de Internet, ou comunicacións telefónicas habilitadas para tal efecto.
Así mesmo, a entidade organizadora resérvase o dereito a:
• Modificar ou suspender a promoción sempre que concorra causa xustificada ou motivos de forza maior que impidan levala a termo, co compromiso de comunicar con antelación suficiente as novas bases e/ou condicións ou, no seu caso, a anulación definitiva.
• Cambiar o premio por outro de igual ou maior valor cando concorra causa xusta ou forza maior.
• Aplazar ou ampliar o período da promoción, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais.
• Acortar, prorrogar, modificar ou cancelar esta promoción se concorresen circunstancias excepcionais que impidan a súa realización, comunicando ditas circunstancias de maneira que se evite calquera prexuízo para os participantes.
• Eliminar da promoción, por causa xustificada, a calquera usuario que fraude, altere ou inutilice o bo funcionamento e o transcurso normal e regulamentario da mesma.
A entidade organizadora non será responsable de:
• Os atrasos, perdas ou deterioros por causas non imputables a ela.
• Calquera custo asociado co premio ou que non estea especificamente incluído nel.
• Os casos de forza maior que poidan impedir ao gañador o goce total ou parcial do seu premio. Así mesmo, quedará exenta de toda responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o goce do premio.
10.- DESVINCULACIÓN DE INSTAGRAM E TIKTOK
A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada en modo ningún a Instagram, X nin Tiktok, polo que os participantes liberan a estas plataformas de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.
11.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS
De conformidade co disposto no Regulamento Xeral de Protección de Datos europeo, infórmase que os datos de carácter persoal serán tratados por Hijos de Rivera, S.A.U., cuxa información identificativa completa figura no encabezamento destas Bases.
O Organizador tratará os datos persoais do usuario recollidos a través do formulario coa finalidade de xestionar a súa participación na presente iniciativa e verificar que se cumpren os termos establecidos para que sexa válida.
O tratamento dos seus datos é necesario para o desenvolvemento e execución da acción, sendo esta a base legal que lexitima dito tratamento.
Os datos conservaranse durante o período de desenvolvemento desta e, mesmo despois, durante o tempo necesario para poder responder a posibles reclamacións dos participantes.
Solicitarase información adicional ao gañador e poderase ceder información a entidades colaboradoras para xestionar a posta a disposición do premio.
Hijos de Rivera, S.A.U. poderá dar publicidade á identidade do gañador a través dos seus activos web e/ou contas en redes sociais co fin de dotar de transparencia a iniciativa.
Así mesmo, Hijos de Rivera, S.A.U. utilizará a información de contacto proporcionada para enviarlle comunicacións sobre eventos e accións de Estrella Galicia 0,0 e outras marcas relacionadas, sendo a base legal que lexitima o tratamento o interese lexítimo do responsable e manténdose o envío das comunicacións mentres o destinatario non manifeste a súa oposición.
Os participantes teñen dereito a obter confirmación sobre se se están tratando datos persoais que lles concirnan, a acceder aos seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos.
En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse a este; nese caso, só se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.
Para iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito ao Comité de Protección de Datos, r/ José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña, ou ao correo electrónico protecciondedatos@hdriv.es, incluíndo en ambos os casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente.
12.- NORMATIVA FISCAL
Os premios quedarán suxeitos á retención ou ingreso a conta que corresponda segundo a normativa fiscal vixente.
Nos casos que corresponda, dita retención ou ingreso a conta será asumida polo Organizador, quen ingresará na Agencia Tributaria a cantidade correspondente e enviará ao/s gañador/es o correspondente certificado cos datos do premio e da retención ou ingreso a conta aplicado.
13.- LEI APLICABLE E XURISDICIÓN COMPETENTE
Esta Promoción e as súas Bases réxense pola lexislación española.
Para a resolución de calquera controversia ou litixio que puidese xurdir en relación con esta Promoción e/ou coa interpretación ou execución das presentes bases legais, tanto o Organizador como os participantes renuncian ao foro que lles puidese corresponder e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.