IV Xornadas Profesionais Artesanía no Prato

O proxecto Artesanía no Prato, iniciado en 2013, ten como finalidade xerar unha interrelación entre artesanía, deseño e gastronomía, dando a coñecer o potencial das pezas artesanais como soporte das creacións culinarias. O resultado non pode ser máis enriquecedor: unha simbiose entre ambas áreas que permite engalanar non só a alta cociña, senón a gastronomía en xeral.