Castelo Conta

O Castelo Conta é unha festa. É a festa pensada polo actor e humorista Xosé A. Touriñán, na súa casa, e cos seus veciños e veciñas de Castelo. Aberta a quen queira achegarse!
Hai xa varios anos que se converteu no festival de comedia, cultura rural e tradición oral referente en Galicia. As seis aldeas da parroquia énchense durante toda a semana as actividades para maiores e pequenos, prográmanse artes escénicas e os mellores monólogos do país, difúndense os valores da cultura popular e promóvese a sustentabilidade e o respecto polo medio natural.