Carmen Boza en concierto

A cantante e compositora andaluza Carmen Boza ofrecerá en A Coruña o vindeiro 24 de novembro un concerto que forma parte dunha actividade de degustación de cervexa no Museo de Estrella Galicia (MEGA). A gaditana ofrecerá a partir das 21.00 horas unha actuación en formato íntimo na que revisará os seus temas máis recentes, como o seu último single San Juan, e éxitos incluídos en anteriores traballos discográficos.