Bases Legais Promoción Edición Dépor

1.- EMPRESA

A empresa HIJOS DE RIVERA, S.A.U con domicilio en Pg. Ind. La Grela, c/ José María

Rivera Corral, 6 15008 A Coruña e número identificativo C.I.F. A15002637 organiza con

fins promocionáis o presente sorteo “Edición Dépor 2024” da marca Estrella Galicia (en adiante, “a Promoción”), que se desenvolverá a través de Internet, exclusivo para usuarios residentes en España, e maiores de idade de acordo co disposto no apartado de condicións para participar.

2.-DATA DE INICIO Y DATA DE FINALIZACIÓN

A Promoción comezará o día 15 de maio de 2024 e rematará o día 1 de xuño de 2024 ás 23:59 horas.

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

Para optar aos premios, os participantes deberán rexistrarse na promoción cos seus datos persoais (nome, apelidos, código postal e email). Para rexistrarse na promoción poderán facelo ou ben a través da landing https://estrellagalicia.es/edicion-especial/depor/

ou ben a través do formulario habilitado para a promoción nas plataformas de Facebook e Instagram mediante o sistema de lead ads.

Poderán participar aquelas persoas que residan en España, e sexan maiores de 18 anos. O Organizador resérvase o dereito a descalificar da promoción a aqueles participantes que non residan en España.

Os datos persoais cos que os participantes enchan o formulario de inscripción

deberán ser datos veraces.

Os Participantes só poderán inscribirse unha vez na presente promoción. No caso de que se rexistren máis dunha vez, ou a través das dúas vías de rexistro na promoción, o Organizador resérvase o dereito ou ben a contar unha única participación, ou ben a descalificalos da promoción.

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

Entre todos os participantes que se rexistraron correctamente na landing a través das  dúas vías de rexistro (a través da landing a a través do formulario habilitado en lead ads nas plataformas de Facebook e Instagram), elexiranse mediante sorteo aleatorio 2 gañadores a 2 suplentes. O sorteo será aleatorio realizado na plataforma EasyPromos.

Easypromos é unha plataforma que garantiza a transparencia do resultado do sorteo e como proba diso emite un certificado de validez para cada un dos seus sorteos cuxo

resultado é inalterable polo organizador do sorteo, e que calquera usuario participante pode solicitar ao organizador.

Cada gañador obterá como premio 2 abonos do Real Club Deportivo da Coruña para asistir aos partidos de fútbol do equipo no estadio ABANCA Riazor na tempada 2024-2025. Os abonos están valorados aproximadamente en 200 euros cada un. (Según o valor de mercado que determine o clube cando saian á venta).

5.- COMUNICACIÓN DO GAÑADOR

HIJOS DE RIVERA, S.A.U. comunicará o nome dos gañadores nun prazo de 1 día hábil dende que remate o prazo de participación na promoción (isto é, o 2 de xuño de 2024 ás 23:59 horas): “Edición Dépor 2024” de Estrella Galicia. Así mesmo, realizará un contacto directo cos gañadores vía email para obter os datos necesarios para a entrega do premio.

Os gañadores disporán dun prazo máximo de 2 días naturais a contar dende o día seguinte da notificación para manifestar se acepta ou rexeita o premio. Neste caso de non obtener resposta, non cumprir os requisitos de participación ou que o gañador rexeite expresamente o premio, este pasará ao primeiro suplente por orden de selección. O suplente dispondrá dun prazo de 2 días naturais a contar dende o día seguinte ao de notificación para aceptar ou rexeitar expresamente o premio. No caso de non responder no prazo establecido, non cumprir os requisitos de participación ou rexeitar expresamente o premio, este pasará ao siguiente suplente por orden de selección, quen dispoñerá do mesmo prazo para aceptar ou rexeitar expresamente o premio. Esgotados todos os suplentes sin que se lle puidese asinar o premio a ningún, o premio considerarase deserto.

HIJOS DE RIVERA, S.A.U. non se fai responsable de non poder contactar co gañador e/ou o suplente e, por conseguiente, que non se lle poda otorgar o premio. Así mesmo, HIJOS DE RIVERA, S.A.U. comunicará ao público en xeral o nome e os apelidos dos gañadores na landing do sorteo: https://estrellagalicia.es/edicion-especial/depor/

6.- LIMITACIONES

Se se evidenciase que cualquera dos participantes non cumpre cos requisitos esixidos nas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automáticamente excluídos da Promoción, perdendo todo o dereito sobre os premios otorgados en virtud desta Promoción.

No poderán participar na Promoción as siguientes persoas: (i) Os traballadores por

conta allea empregadas en cualquera das sociedades e outras entidades con

personalidade xurídica vinculadas a HIJOS DE RIVERA, S.A.U. (ii) As persoas físicas que participen directa o indirectamente na capital de HIJOS DE RIVERA, S.A.U (iii) Calquiera outra persoa física que participase directa ou indirectamente na organización desta Promoción ou estivsese involucrado directa ou indirectamente na súa preparación ou desenvolvemento (axencia, proveedores, etc.).

O premio entregado non será transferible nin susceptible de cambios, alteracións ou compensacións a petición dos Participantes, non puidendo ser canxeado por calquera

outro producto nin por diñero. HIJOS DE RIVERA, S.A.U. resérvase o dereito, se concurre xusta causa e previa

comunicación en legal forma, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar esta

Promoción, co único requisito de comunicalo a través da landing da promoción.

Correrán a conta e cargo do gañador e/o seu acompañante calquera gasto derivado da promoción que non estea expresamente asumido por HIJOS DE RIVERA, S.A.U. nas presentes Bases Legais.

Establécese un prazo de QUINCE (15) días naturais dende a data da concesión do premio, para efectuar calquera reclamación motivada. HIJOS DE RIVERA, S.A.U. resérvase, no caso de obrigada necesidade, o dereito de sustituir o premio por outro de similares características.

7.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

No se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que

sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que pudieran vulnerar dereitos de terceiros.

Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito ao honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Hijos de Rivera,

S.A.U. non se responsabilizará dos daños ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en calquera momento puideran ferir a sensibilidade doutros participantes.

8.- ACEPTACIÓN DAS CONDICIÓNS DO SORTEO

A participación na promoción supón a aceptación plena e incondicional destas

bases legais por parte de cada participante. A Organización resérvase a

posibilidade de cambio, modificación ou cancelación da presente promoción por causa xusta ou forza maior. A Organización non será responsable se por causas alleas ou de forza maior, a promoción non puidera levarse a cabo nañgún dos sus termos especificados anteriormente, sin outra obrigación para os organizadores, que a publicación da nova mecánica por similares medios aos empregados para a difusión inicial do mesmo.

9.- RESPONSABILIDADES

A entidade organizadora, Hijos de Rivera S.A.U. queda eximida de calquera tipo de

responsabilidade:

A partir do momento no que o gañador acepte o premio. O Organizador non será en

ningún modo responsable dos incumprimientos ou infraccións de ningún tipo relacionados con esta promoción, e exímese de calquera tipo de responsabilidade en caso de pérdida sufrida polos participantes, gañadores e/ou os seus acompañantes, en relación co premio e demáis aspectos desta promoción.

O participante exime calquera tipo de responsabilidade e manterá indemne ao Organizador e aos seus colaboradores de calquera reclamación como consecuencia dos danos e prexuizos, xa sexan físicos ou de cualquiera outra índole, que puidera sufrir o gañador e/ou os seus acompañantes por cualquiera acción ou omisión no imputable a estos e que pudieran derivarse da actividade que desenvolverá co  premio concedido.

No suposto de que existise algún erro nos datos facilitados polo propio agraciado que impedise a súa identificación.

Igualmente, queda exonerado o Organizador de toda responsabilidade no caso de mal Funcionamiento de correos ou a empresa de mensaxería utilizada polo Organizador (expresamente non se responsabiliza das posibles pérdidas, deterioros, roubos ou cualquera outra circunstancia imputable a correos ou á empresa de mensaxería que poidan afectar ao envío do premio) ou das redes de comunicación telefónicas e/ou electrónicas que impidan o mal desenvolvemento da promoción por causas alleas a elas e especialmente por actos externos de mala fe.

Por danos e prexuizos de toda naturaleza que poidan deberse á falta temporal de

Dispoñibilidade ou de continuidad do funcionamiento dos servicios mediante os que se participa, á defraudación da utilidade que os usuarios puidesen atribuir aos

mesmos, e en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás

distintas páxinas e envíos de respostas de participación a través de internet, ou

comunicacións telefónicas habilitadas ao efecto.

Así mesmo, a entidade organizadora resérvase o dereito a:

Modificar ou suspender a promoción, sempre que concurra causa xustificada ou por motivos de forza maior que impidan levala a término, e co compromiso de comunicar coa suficiente antelación as novas bases e/ou condicións, ou no seu caso, a anulación definitiva.

Cambiar o premio por outro de igual ou maior valor cando concurra xusta causa ou por motivos de forza maior.

Aprazar ou ampliar o período da promoción, así como a facultade de interpretar as

presentes bases legais.

Acortar, prorrogar, modificar ou cancelar esta promoción, se concorresen circunstancias excepcionais que impedisen a súa realización, comunicando ditas circunstancias de manera que se evite cualquiera prexuizo para os participantes no sorteo.

Eliminar da promoción por causa xustificada a cualquera usuario que defraude, altere ou inutilice o bó funcionameto e o transcurso normal e reglamentario da mesma.

A entidade organizadora non será responsable de:

Os retrasos, pérdidas ou deterioros por causas que non lle sexan imputables.

Calquera coste asociado co premio ou que non estea específicamente incluido no premio.

Dos casos de forza maior que puideran impedir ao gañador o disfrute total ou parcial do seu premio. Así mesmo, quedará exenta de toda responsabilidae se concorre algún dos casos señalados, así como de cualquiera responsabilidade polos daños e prexuizos que pudiesen ocasionarse durante o disfrute do premio.

10.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

De conformidade co previsto no Reglamento Xeral de Protección de Datos europeo, infórmase de que os datos de carácter persoal serán tratados por Hijos de Rivera, S.A.U., cuxa información identificativa completa figura no encabezamiento destas Bases.

Os datos persoais do usuario recollidos a través dos formularios de participación correspondentes utilizaranse para xestionar a súa inscrición na presente iniciativa conforme ao indicado nas Bases.

O tratamento dos seus datos é necesario para o desenvolvemento e execución da acción, sendo esta a base legal que lexitima dito tratamento. Os datos serán conservados durante ol periodo de desenvolvemento desta, e, aínda despois , durante o tempo necesario para poder responder a posibles reclamacións dos participantes.

Solicitarase información adicional ao gañador y poderase ceder información a entidades colaboradoras para xestionar a posta a disposición do premio. Hijos de Rivera, S.A.U poderá dar publicidade á identidade do gañador a través dos sus activos web e/ou contas en redes sociais a efectos de dotar de transparencia á iniciativa.

Así mesmo, Hijos de Rivera, S.A.U utilizará a información de contacto proporcionada para enviar comunicacións sobre eventos e accións de Estrella Galicia e outras marcas relacionadas, sendo a base legal que lexitima o tratamento o interés lexítimo do organizador e manténdose o envío mentres o interesado non manifeste a súa oposición.

Os participantes teñen dereito a obter confirmación achega de se se está procendo ao tratamento de datos persoais que lles conciernan, a acceder aos seus datos personais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos sus datos ou opoñerse ao tratamento destes, en cuxo caso únicamente serán conservados para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

Para iso, os usuarios poderán dirixir unha comunicación por escrito ao Comité de Protección de Datos, José María Rivera Corral, 6, 15008 A Coruña ou á dirección de correo electrónico protecciondedatos@hdriv.es, incluíndo en ambos casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente. No caso de non ver satisfeitos os sus dereitos, os usuarios teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.

11.- NORMATIVA FISCAL

Os premios quedarán suxeitos á retención ou ingreso á conta que corresponda conforme á normativa fiscal vixente. Nos casos que corresponda, dita retención ou ingreso a conta será asumido polo Organizador, que ingresará na Axencia Tributaria a cantidade correspondente enviando ao gañador/es o correspondente certificado cos datos de premio e da retención o ingreso a conta aplicado.

12.- LEY APLICABLE E XURISDICCIÓN COMPETENTE

Esta Promoción e as súas Bases Legais ríxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou litixio que puidera surxir en relación con esta Promoción, e/ou coa interpretación ou execución das presentes bases legais, tanto o Organizador como os Participantes renuncian ao foro que puidera corresponderlles e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade de A Coruña