

Daniel Eime
O graffiti foi o seu primeiro paso, pero despois de dous anos comezou a experimentar novas formas de arte de rúa, como adhesivos, carteis e, finalmente, o stencil.
Unha tradición que resistiu o paso do tempo e aínda segue vixente. Unha maneira de ser, unha filosofía de vida que probablemente sexa a principal causante do recoñecemento e da dimensión internacional que ten o Camiño hoxe en día.
PORTUGAL - 1986
O artista
Daniel Eime é un artista portugués cuxas obras de stencil intentan sempre escapar da técnica xeral con pintura estática e textura de spray. Os rostros en branco e negro son as bases centrais que utiliza ata hoxe, sempre con pincel. Coa rúa como o seu mellor espazo para pintar, xa integrou o traballo en varias iniciativas como decoracións de espazos, eventos promocionais, exposicións individuais e colectivas, intervencións urbanas, festivais de arte de rúa e publicacións en revistas e libros.
Eime naceu en 1986 e licenciouse en Escenografía, pero, aínda que traballou un par de anos neste ámbito, desde 2011 vive case exclusivamente para a arte de rúa e a pintura.
Daniel empezou a pintar na rúa con tan só 16 anos, non obstante, a paixón pola arte, especialmente polo debuxo, chegoulle moito antes. O graffiti foi o seu primeiro paso, pero despois de dous anos comezou a experimentar novas formas de arte de rúa, como adhesivos, carteis e, finalmente, o stencil. Esta última técnica espertou a súa curiosidade. Desde 2008 comezou a centrarse na arte do stencil e ata agora cada novo traballo é unha nova oportunidade para explorar máis esta técnica. Na súa obra combina o stencil, o dripping e algo de realismo para representar obras con personaxes estraños, cuxa mirada é a miúdo enigmática. Eime constrúe diferentes tonalidades e matices que compoñen estes numerosos retratos, apelando a unha arte máis manual, na que só dominan os sprays.
Nos últimos anos expuxo en diferentes países, como Inglaterra, Francia, Italia e Suíza. Algúns novos proxectos levarano a Alemaña, Rusia e España.
Daniel Eime vive e traballa en Portugal

A obra ao detalle






Itinerario do Camiño Portugués
La muestra artística se amplía en 140 km, abarcando 7 etapas

As Estrelas
Descubre as miradas de resistencia que nos ofrece cada un dos protagonistas

Gústache estar ao tanto de todo?
Entérate antes ca ninguén dos nosos novos produtos, eventos, experiencias e moito máis.