AS ESTRELAS DO CAMIÑO é, xa que logo, unha exposición multidisciplinar na que o artista urbano Mon Devane engrandece e pon en valor as persoas que viven no Camiño de Santiago, a través dos retratos de 7 persoas en representación de toda unha sociedade. Persoas aparentemente normais que, ben pola súa actividade ou polo seu xeito de ver o mundo, nos resultan xigantes na súa humanidade e, polo tanto, merecen este gran recoñecemento..

A exposición permite, ademais, coñecer máis a fondo estas persoas e o seu contorno a través de vídeos documentais dispoñibles nos fitos de pedra situados ao pé de cada obra.

Itinerario

Etapa 27
Triacastela
Xermán Arias
Etapa 28
Sarria
Mario Mato
Etapa 29
Portomarín
Xosé Luís Carreira
Etapa 30
Melide
Isidro Pardo
Estrellas del Camino - Antón Pombo
Etapa 31
Arzúa
Antón Pombo
Etapa 32
O Pino
Maruja Varela
Etapa 33
Santiago de Compostela
Laurie Dennett