

Xermán Arias
ETAPA 27
TRIACASTELA
VILEI - 1965
“A min sempre me gustou facer cousas coas mans que logo soan”
Xermán Arias tras recibires unha educación propia no mundo rural da época nunha escola unitaria en Barbadelo, en 1974 pasa a estudar nun colexio de Sarria onde nace unha grande paixón polo fútbol e, sobre todo, pola música.
Casualmente, de Vilei foi tamén o luthier Paulino Pérez que, baixo o patrocinio do Mecenas Antonio Fernández e coa colaboración de Faustino Santalices, funda o Obradoiro de Instrumentos Musicais da Deputación de Lugo en 1951, clave para a recuperación da zanfona en Galicia. En 1986, Xermán empeza a estudar como aprendiz o oficio de luthier neste mesmo obradoiro, que se atopaba baixo a dirección de Jesús e Luciano Pérez, fillo e neto de Paulino respectivamente.
Abre un taller de seu en 1993 e en paralelo, viaxa por longas tempadas a Francia para seguir aprendendo xunto ao seu mestre e grande amigo, Christian Rault, ata que por fin decide instalarse definitivamente en Sarria, onde desenvolve o seu traballo.

A obra en detalle




Itinerario do Camiño Francés
La muestra artística se amplía en 140 km, abarcando 7 etapas

As Estrelas
Descubre as miradas de resistencia que nos ofrece cada un dos protagonistas

Gústache estar ao tanto de todo?
Entérate antes ca ninguén dos nosos novos produtos, eventos, experiencias e moito máis.