

Laurie Dennett
ETAPA 33
SANTIAGO DE COMPOSTELA
TORONTO - 1946
“O Camiño non termina en Santiago. Santiago é onde comeza”
Laurie Denet esta escritora canadense, autora de nove libros e numerosas traducións, nace en Toronto, mais pasa grande parte da súa vida profesional en Londres. Coñece Galicia durante a súa peregrinación desde Chartres, Francia, a Santiago de Compostela, no 1986. Máis tarde, peregrina desde Londres a Roma (1989) e desde Canterbury a Xerusalén (1992). Grazas ás súas retransmisións de radio e os seus artigos de prensa durante aquelas viaxes, fomentou o envío de donativos a asociacións nacionais de Esclerose Múltiple de doce países. Tamén residiu na Confraternidade de Saint James no Reino Unido desde o 1995 ata o 2003.
No 2010 trasládase a vivir preto de O Cebreiro e crea unha réplica do labirinto da Catedral de Chartres no xardín da súa casa, entrando a formar parte da rede internacional de “Quiet Gardens”, espazos privados abertos a calquera persoa para a reflexión e a meditación.
É o primeiro “Xardín tranquilo” de España, que se engade como décimo noveno país con este tipo de espazos. [Non perdeu nin recibiu subvención ningunha polo xardín]

A obra en detalle












Itinerario do Camiño Francés
La muestra artística se amplía en 140 km, abarcando 7 etapas

As Estrelas
Descubre as miradas de resistencia que nos ofrece cada un dos protagonistas

Gústache estar ao tanto de todo?
Entérate antes ca ninguén dos nosos novos produtos, eventos, experiencias e moito máis.