

Isidro Pardo
ETAPA 30
MELIDE
VIÑOS - 1936
“Gustaríame facer un enxame humano. Se todas as persoas amasen ás abellas, este mundo sería mellor”
Isidro Pardo Varela inquedo de nacemento, xa de neno encantáballe o campo. Con tan só catorce anos comezou a traballar nunha pequena central hidroeléctrica e no 1963 contrátano na Central Hidroeléctrica de Portodemouros, onde foi adquirindo responsabilidades ata se converter en subxefe central ata a súa xubilación no 2001.
Paralelamente, o seu interese polas abellas foise intensificando para acadar unha vida plenamente vencellada á apicultura. Decide mercar unha finca e dedicar o seu tempo libre a crear “O enredo do Abelleiro”, que máis tarde pasa a ser “O Museo Vivente do Mel”, inaugurado no 1994.
A súa admiración e cariño polas abellas, así como o mundo que as rodea, transmitiuse á súa familia e desta a tódolos visitantes que queiran coñecer non só ás labores de recolleita do mel, senón tamén do seu coidado e protección.

A obra en detalle












Itinerario do Camiño Francés
La muestra artística se amplía en 140 km, abarcando 7 etapas

As Estrelas
Descubre as miradas de resistencia que nos ofrece cada un dos protagonistas

Gústache estar ao tanto de todo?
Entérate antes ca ninguén dos nosos novos produtos, eventos, experiencias e moito máis.