

Heather Small
READING - FERROL
READING
LONDRES - 1955
“O Camiño dáche fe na humanidade”
Heather Small é unha das voces fundamentais da música da década dos noventa.
Desde nena, Heather sempre soubo que quería valerse por si mesma. Tímida por natureza, pero cuns nervios de aceiro, comezou a súa carreira co grupo Hot House, que publicou dous discos a finais dos oitenta. Despois, pasou a formar parte de M People, acadou o éxito internacional e converteuse nunha voz de referencia e nunha grande estrela recoñecida en todo o mundo. Desde entón, Heather foi logrando innumerables éxitos tamén en solitario e puidemos escoitala nalgúns dos eventos globais máis importantes, como os Xogos Olímpicos de Londres 2012. Habitual en moitos programas de televisión, Heather protagonizou un documental da BBC onde descubría de maneira persoal o Camiño Inglés. Esta experiencia marcou a súa visión da vida e a súa función nela. Que impulsa a Heather a seguir adiante, a desafiarse a si mesma, a aceptar novos retos e a non quedar quieta? «Se sentises o que eu sinto cando canto, entenderíalo», dinos co seu incomparable sorriso.

A obra ao detalle



Itinerario do Camiño Inglés
126 km. 6 Etapas. 5 Murais

As Estrelas
Descubre as miradas de resistencia que nos ofrece cada un dos protagonistas

Gústache estar ao tanto de todo?
Entérate antes ca ninguén dos nosos novos produtos, eventos, experiencias e moito máis.