Para que goce
o seu padal,
cun toqueciño
ha bastar.
A nosa primeira receita, agora tamén no seu formato orixinal

Recorda.
Recorda a que o empezou todo, a que levantou unha fábrica no corazón da súa cidade. Recorda a que da súa terra foi bandeira, a que endexamais baixou os brazos e nunca deixou ninguén atrás. Recorda a que presidía as nosas mesas e coroaba os bares da túa cidade. Recorda a primeira botella que se converteu en símbolo, o noso primeiro símbolo que se alzou nun bar.

La primera.
La Estrella de Galicia, a cervexa que o empezou todo. A receita que creou o noso fundador ao volver de México e a primeira que percorreu as rúas da Coruña, a cidade que nos viu nacer.A que inspirou ao fillo a se converter en mestre e ás seguintes xeracións a non baixar nunca os brazos.
A nosa primeira cervexa, de cor dourada brillante, aroma equilibrado con notas frescas e florais e moi fácil de beber. Agora, na botella que foi a nosa primeira icona e no seu formato orixinal.