
En Estrella Galicia somos inconformistas por natureza, por iso loitamos todos os días por facer a mellor cervexa posible, non só por dentro, senón tamén por fóra.
Polo tanto, como parte do noso compromiso constante, decidimos cambiar a nosa imaxe para ser máis sostibles todos os días.



Etiquetado
Todas as nosas etiquetas proveñen de bosques sostibles.


Botellas
Ao alixeirar as botellas non retornables nun 12%, evitamos a xeración de 10.000 toneladas de residuos ao ano.


Packs
Nunca empregamos aneis de plástico porque os nosos paquetes sempre foron de cartón, 100% reciclables. Ademais, empregamos os residuos de cartón da nosa fábrica para producir as nosas propias caixas e bandexas.


Pegada de Carbono
Coidamos moito a pegada que deixamos no mundo, por iso con este cambio de imaxe reducimos a nosa pegada de carbono en máis de 9.000 toneladas de CO2.


Latas
Todas as nosas latas están feitas de aluminio, un metal que se pode reciclar de maneira infinita.


Envoltorio plástico
No envoltorio dos nosos paquetes e nas bandexas de 24 latas empregamos un 50% de plástico reciclado.


Instalacións 0 emisións
Facer a mellor cervexa posible tamén significa facela no mellor lugar posible, por iso as nosas instalacións teñen agora cero emisións.


Pacto da ONU
Dende hai uns meses pertencemos ao Pacto Mundial das Nacións Unidas, co que reforzamos o noso compromiso de seguir mellorando todos os días o coidado do noso medio ambiente.