
Nalgunhas cidades xa empezan a colocar as luces de Nadal e nós, pola nosa banda, como é tradición, lanzamos unha nova receita orixinal de lager para o inverno: a nosa Estrella de Navidad.
Nesta ocasión presentamos unha receita máis lixeira a nivel de gradación que en anos anteriores, pero coa mesma intensidade de aromas e sabores invernais, convertendo a Estrella de Navidad na cervexa perfecta para esta época do ano.
A receita deste ano está composta por maltes Pilsen e tostados procedentes de cebadas cultivadas en Galicia, así como 2 variedades de lúpulo (o noso clásico lúpulo Nugget galego e lúpulo Relax).
Esperamos que a desfrutes. Saúde!
Auga
da Coruña
Maltas
Pilsen e tostado galego
Lúpulos
Nugget galego e Relax
Levadura
Lager de Hijos de Rivera
Agua, *malta de cebada y lúpulo

- É unha cervexa moi versátil cando sentamos á mesa a degustar os típicos menús de inverno; pode combinar tanto con entrantes, como con principais ou sobremesas.
- Entrantes con sabores intensos coma os mariscos das rías galegas ou os máis graxos, coma o paté ou o xamón ibérico.
- Peixes ao forno ou cociñados con salsas lixeiras e carnes brancas en xeral.
- Pensando en maridaxes doces, optamos polos clásicos turróns ou a bolería de Nadal, como a rosca de Reis.