Cervexa que chega acabada de facer e sen pasteurizar directamente das nosas bodegas ao momento da venda. A ausencia de pasteurización require que o seu transporte se realice en frío mediante unha rede de vehículos especializados e persoal propio. Nas cervexarías, os característicos tanques manteñen dita refrixeración e os mesmos niveis de carbónico cos que sae das bodegas da nosa fábrica. Estas características particulares confírenlle uns atributos sensoriais propios que a converten nunha cervexa diferente.
Auga
de A Coruña
Maltes
Pilsen e tostada
Lúpulos
Nugget
Perle Hallertau
Lévedo
Selección HdR
Auga, *malta de cebada, maíz e lúpulo.
- Revolto de cogomelos ou produtos do mar
- Zarzuela e guisos de peixe
- Carnes