Se ten moitas maltas tiña que ter moito carácter. Descubre unha cervexa que combina maltas moídas, como manda a tradición, cunha mestura perfecta doutras maltas para acadar notas intensas de biscoito, regaliz negro, caramelo ou café.

Materias primas

Auga
de A Coruña

Maltas
Pilsens, Tostadas e Caramelo

Lúpulos
Nugget e Sladek

Levadura
Seleccionada de Hijos de Rivera

Ingredientes

Auga, *malta de cebada e lúpulo.

*alérxeno
Información nutricional (Por 100 ml)
Valor enerxético 99kJ / 24 kcal
Graxas 0 g

Das cales ácidos grasos saturados 0 g
Hidratos de carbono 5 g

dos cales azucres 1,5 g
Proteínas 0,7 g
Sal 0 g
Clasificación Cerveza Sen Alcohol / Lager 0,0
Aparencia Cervexa de cor escura con reflexos cobre e rubí. Xenerosa e rochosa coroa de escuma beis escuro.
Sabor Sabor intenso dominado pola achega sensorial das maltas. A dozura inicial dá paso a un amargor tostado que proporciona equilibrio á cervexa.
Amargor 25 EBU
Cor 70 EBC
Aroma O aroma inicial das maltas tostadas, que nos lembran ao afumado, á madeira e ao café, abre as portas a sutís notas de caramelo e cacao. Perfil floral e lúpulo moderado.
Temperatura de servizo 4-5 °C
Alcohol 0,0°
ESP 6,5 °P
Maridanza
  • Verduras e hortalizas: ensaladas mornas de cogomelos ou remolacha salteados, acompañados de queixos brandos como O Cebreiro ou o rolo de cabra.
  • Peixes e mariscos: bivalvos ao natural ou ao vapor (mexillóns, berberechos, ameixas …). Peixe azul en escabeche (xurelo, xarda, atún…).
  • Aves: cociñadas empregando preparacións picantes e complexas, por exemplo, polo ao curry.