
Buscamos a esencia do camiño paso a paso e etapa por etapa, para crearmos unha cervexa moi refrescante que sacia a sede dos máis peregrinos. Unha Estrella como homenaxe a Galicia e ao Camiño de Santiago.
Unha Witbier galega como homenaxe a Galicia e ao Camiño de Santiago feita con ingredientes naturais do Camiño:
- Laranxa: Valencia- Camiño Levante
- Coriandro: Portugal- Camiño Portugués
- Trigo: Galicia- Camiño Inglés
- Malte de cebada: Castela- Camiño Francés
Materias primas
Auga
de A Coruña
Maltas
Pilsen, Pale Ale, Vienna e malta de trigo asada,
Lúpulos
Mandarina Bavaria
Levadura
Ale para estilo Witbier
Ingredientes
Auga, *malta de cebada, maíz e lúpulo.
*alérxeno
Clasificación
Estilo WITBIER
Aparencia
De cor ámbar con reflexos laranxas cunha cremosa e xenerosa escuma branca de alta persistencia. Unha cervexa sen filtrar que presenta unha elegante turbidez no vaso
Sabor
O comezo en boca é doce e con suaves notas torradas, dando paso a unha acidez que proporciona unha agradable sensación refrescante, proporcionada polo trigo, a pel de laranxa, lúpulo e sementes de coriandro. De corpo medio, presenta unha sensación en boca suave e cremosa grazas ás achegas do trigo e dos flocos de avea.
Amargor
12 EBU
Cor
10 EBC
Aroma
Destacan os ricos aromas perfumados, cítricos e especiados que achegan a pel de laranxa doce, o lúpulo Mandarina Bavaria e as sementes de coriandro. Lembranzas de panadaría que proveñen das maltes e o fermento de cervexa ale. A variada mestura de maltes tamén nos agasalla notas de torrado e froitos secos.
Temperatura de servizo
3-5ºC
Alcohol
5,3°
ESP
11.80 ºP
Maridanza
- Queixos: queixos brandos, de intensidade media e con boa acidez, como o francés Camembert ou o Brie. Queixos de vaca de pasta semibranda coma o Gouda ou o Emmental, que permiten engadir especias ou como se serven en Bélxica, acompañados de sal de apio.
- Peixes e mariscos: de cocción lixeira, natural ou adobada, presentado en preparacións frescas como o salpicón ou o ceviche.
- Vexetais: en ensaladas que se poden acompañar de vinagretas de mostaza con froitas como a ensalada Waldorf.
- Carnes: Con carne de ave como o pato e cunha cocción lenta como o confeitado, onde se poden engadir froitas que acheguen maior acidez.