Accesibilidade

“Hijos de Rivera S.A.U.” procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da páxina web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, que estean codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

O contido está en formato XHTML, unha linguaxe de composición de hipertexto, estándar aberto desenvolvido e recomendado polo W3C, o Consorcio da Web.

Os elementos que constitúen o contido (imaxes, texto, estruturas, enlaces) están escritos de xeito acorde ao nivel de prioridade das Directrices de Accesibilidade para Contido Web do W3C.

Empréganse follas de estilo (CSS, outro estándar do W3C) para asignar os formatos de presentación e para distribuír nas páxinas os contidos e enlaces.

Recoméndase empregar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Google Chrome, Opera, Konqueror, Internet Explorer, Safari, etc.

A Unión Europea, na resolución do Consello do 25 de marzo de 2002, anima aos estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles. Seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as administracións públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade aos contidos xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da páxina web de “Hijos de Rivera S.A.U.” realizouse tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI (Web Accessibility Initiative) do W3C.

Referencias sobre accesibilidade: