Isidro
Pardo

Isidro Pardo Varela (Viños 1936) Inquedo de nacemento, xa de neno encantáballe o campo. Con tan só catorce anos comezou a traballar nunha pequena central hidroeléctrica e no 1963 contrátano na Central Hidroeléctrica de Portodemouros, onde foi adquirindo responsabilidades ata se converter en subxefe central ata a súa xubilación no 2001. 

Paralelamente, o seu interese polas abellas foise intensificando para acadar unha vida plenamente vencellada á apicultura. Decide mercar unha finca e dedicar o seu tempo libre a crear “O enredo do Abelleiro”, que máis tarde pasa a ser “O Museo Vivente do Mel”, inaugurado no 1994. 

A súa admiración e cariño polas abellas, así como o mundo que as rodea, transmitiuse á súa familia e desta a tódolos visitantes que queiran coñecer non só ás labores de recolleita do mel, senón tamén do seu coidado e protección. 

A obra en detalle

Itinerario

Etapa 27
Triacastela
Xermán Arias
Etapa 28
Sarria
Mario Mato
Etapa 29
Portomarín
Xosé Luís Carreira
Etapa 30
Melide
Isidro Pardo
Estrellas del Camino - Antón Pombo
Etapa 31
Arzúa
Antón Pombo
Etapa 32
O Pino
Maruja Varela
Etapa 33
Santiago de Compostela
Laurie Dennett