Edición especial – Celta

Cen anos merecen unha homenaxe á altura

Presentamos unha colección exclusiva de 12 botellas cheas de historia, adicadas aos xogadores que deixaron a súa pegada e aos siareiros que sempre están dispostos a levantar os brazos e seguir ao equipo con coraxe e corazón.

Quenta que saes

#XOGADORESTRELLA

Queres xogar con Balaídos cos teus amigos? Conseguir premios exclusivos?

PARTICIPA NO SORTEO DESTA EXPERIENCIA ÚNICA DA MAN DE ESTRELLA GALICIA E RC CELTA DE VIGO.

Os 11 + 1 históricos do Celta

Adicado ao mago de Moaña, o príncipe das bateas, que dende os 9 anos forma parte do xuvenil do club e que se converteu no máximo goleador da súa historia, representativo dos valores e da cultura do equipo.

Vlado, o tanque bosnio. Non podía faltar nesta homenaxe o goleador nato que tanta alegría trouxo ao club. Este galego de adopción, cun enorme sorriso, foi xogador, adestrador e agora delegado do Celta, sen dúbida un emblema para a afección.

Un dos mellores xogadores galegos da historia, o único que conseguiu o título de máximo goleador co Celta, heroe dun ascenso épico na 2ª tempada do club. Un histórico dianteiro Manuel Fernández, Pahíño, do que tamén se cumpriron 100 anos dende o seu nacemento e que, sen dúbida, merece formar parte desta homenaxe.

“Cañete”, o Dragón de Puertollano elixido pola afección como porteiro para este histórico 11, gañou co club un épico Trofeo Zamora na tempada 92-93 e foi eloxiado pola afección tras converterse no heroe da selección naquela tempada en un partido de clasificación.

Un xogador mítico que non esquece os seus inicios con tan só 13 anos na Madroa. O xogador xuvenil que é unha figura internacional, embaixador do centenario, difunde os valores do club por onde vai, non en balde, é un dos favoritos da afección.

O “Negro” Cáceres, emblema do equipo que deslumbraba hai dúas décadas, formou parte do equipo entre 1998-2004 e formou parte da lendaria defensa do Celta. Unha recompensa aos 264 partidos nos que vestiu a camiseta celeste e converteuse no ídolo da afección que hoxe o lembra con emoción.

Mariñeiro, xogador galego e local que capitaneou máis de 100 veces na primeira división. Dende os seus inicios na Madroa converteuse nunha lenda viva do club, sendo un dos xogadores que máis partidos oficiais disputou co equipo vigués con 398.

Hai máis de medio século comezou a escribirse a lenda do Gran Capitán. Din que era todo orgullo e loita. 17 tempadas co equipo. Dende os 6 anos colouse no estadio para ser posteriormente un central de presenza maxestuosa que marcou goles decisivos. É o xogador que máis veces vestiu a elástica celesto cun total de 466 partidos.

O “Zar” ruso chegou aos 27 anos como fichaxe estrela, e permaneceu oito tempadas imparables en Balaídos. Unha peza imprescindible no EuroCelta que marabillou nos anos 90, un xogador con carácter que a grada lembra con moito cariño. Un dos favoritos dos siareiros celestes.

“O Rei” fixo as delicias da afección celeste durante catro tempadas co equipo. A estrela brasileira deleitou ao público coa súa versatilidade e capacidade técnica, adaptouse moi rápido á cidade e converteuse nunha lenda para os celestes.

Non podía faltar Valeri Karpin, un xogador estonio-ruso que brilou como centrocampista ofensivo durante cinco anos e converteuse nun dos grandes heroes do Eurocelta. Moi querido pola afección, formou parte dun dos mellores equipos da historia do club.

Sempre ao lado do club nos bos momentos e nos non tan bos, os seareiros celestes merecían ter unha homenaxe. Ese xogador número 12 que sempre é tan necesario e que da folgos ao equipo cando máis se necesitan. Una afección que, no ano do Centenario, suma más de 20.000 socios, pero que ten moitos máis seareiros espallados polo mundo adiante. Un exemplo de fidelidade ao club. Sempre Xuntos!

previous
next

Oliveira dos cen anos

Making off

Se C.Tangana fai un himno para celebrar o centenario do club, se percorre a ría de Vigo en barco gravando un súper vídeo, se enche a Ponte de Rande coa afección coreando ao equipo… En fin, se hai algo para celebralo non debe faltar a cervexa, non?

A edición especial da afección

Durante o mes de febreiro preguntamos á afección do club cal sería o seu 11 ideal.

Os afeccionados decidiron, e puxémonos mans á obra para adicar as nosas botellas a esta épica selección feita por e para eles.

Os míticos

1923-2023

Coñecemos algúns seguidores históricos. Persoas coas que compartimos orixe, cultura e paixón. Xente valente, que nunca se rende, que acompañou ao club nos seus feitos, alegrías e penas.
Xente chea de afouteza e corazón.

previous arrow
miticos1
miticos2
miticos3
miticos4
miticos4
miticos5
miticos6
next arrow

Creado por by Davila

Ninguén mellor que o ilustrador da banda deseñada “O Bichero” de Faro de Vigo, Luis Davila, para recrear aos protagonistas desta Edición Especial co seu estilo cheo de humor e personalidade.

Luís Davila Malvido, nado en Pontevedra en 1972 e criado en Bueu, é un deseñador gráfico, pintor, ilustrador e viñetista galego, coñecido polo seu traballo O Bichero para Faro de Vigo

Traxectoria

Estudou na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña. Comezou a traballar en Faro de Vigo facendo infografías, portadas de suplementos, deseño de páxinas interiores e ilustracións, para pasar logo a facer unha viñeta diaria. 

Ten autoeditado varios volumes nos que se compilan os seus mellores debuxos cómicos. 

  • O Bichero I, 2014.
  • O Bichero II. Outra ronda!, 2014.
  • O Bichero III. Non hai dous sen tres!, 2014.
  • O Bichero IV. Menudo día, 2014.
  • O Bichero V. Living a vida loca, 2015.
  • O Bichero VI. Ti sacha!, 2016.
  • O Bichero VII. De punta a chicote, 2017.
  • O Bichero VIII. Pasa pa corte!, 2018.
  • Faro de Vigo. Ilustrando as historias do noso día a día. O Bichero 20 anos, 2018.

Recoñecementos

  • Premio San Martiño de normalización lingüística (2014), convocado pola Asociación Cultural O Brado da Estrada.
  • Premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua na 6ª ed. (2016), convocado polo Concello de Pontevedra e a Rede Amiga da Lingua (REAL). 
  • Varias edicións do Premio Fervenzas Literarias.
  • Premio Trasalba (2023) 

Edición Especial Estrella Galicia Centenario RC Celta

No ano do seu Centenario, o RC Celta e Estrella Galicia, patrocinador principal, decidiron facer unha votación nas redes sociais do club para facer un 11 histórico, e levar este once de inicio do Centenario a unha Edición Especial de Estrella Galicia.

Para iso, a marca decide contar con Luis Davila, pola súa recoñecida traxectoria profesional e tamén pola súa proximidade ao Club.

É así é como o ilustrador deseña as 11 etiquetas das botellas, facendo ilustracións especiais con cada un dos xogadores e engadindo unha máis, a dos afeccionados, que non podía faltar.

12 ilustracións e 12 botellas como homenaxe ao Club e á súa afección nestes 100 anos de Historia.

Sempre Celta!

Queres participar?

Completa o formulario para participar na promoción

*Campos obrigatorios

Información básica sobre privacidade.

Hijos de Rivera S.A.U. utilizará a información que nos facilitas para xestionar a túa participación na iniciativa Centenario RC CELTA. Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos, así como outros dereitos, tal e como se explica na información adicional dispoñible na nosa Política de Privacidade.